Banco de Roupa

BANCO DE ROUPA


- ¿ Qué é o Banco de Roupa? 

O Banco de roupa é unha iniciativa que xorde  dos directivos da S.D. Negreira Fútbol Base coa idea de que todos os nenos poidan xogar o fútbol reducindo ó máximo posible os costes de material. 

- ¿ Cómo funciona o Banco de Roupa? 

Poden beneficiarse da recollida de material, todo aquel xogador que teña ficha nas categorías inferiores da S.D. Negreira. Todas as entregas se farán ANÓNIMAMENTE, contactando ben a través do formulario de Contacto que poden ver na parte baixa da páxina ou ben chamando por teléfono. 

Toda persoa que queira facer achegas o banco de material deportivo só ten que entregarllas ó adestrador do seu equipo, ó coordinador da S.D. Negreira (Víctor Pazos) ou a calquer directivo da S.D. Negreira Fútbol Base.
______________________________________________

SOLICITUDE DE MATERIAL.

No documento PDF que poden ver pulsando sobre a imaxe, atoparán todo o material dispoñible nestes momentos. Cada prenda dispón de 4 características: Código, Modelo, Talla e unha imaxe. Toda persona interesada, deberá envíarnos a solicitude indicando o CÓDIGO da prenda a través do Formulario de Contacto que se pode ver na parte baixa da páxina ou chamando por teléfono ao 646351868.

Los Tejos