Novedades Cadetes

XORNADA 14 14-02-2016 
Click para ampliar

CRÓNICA DO PARTIDO

Desta vez tocou levar un só punto dun partido no que debiamos ter levado os tres. Facía Salama o noso gol no minuto 20 do primeiro tempo logo dun bo pase de Peque. Levabamos o timón do partido aínda que non faciamos dano abondo. E así chegabamos ó último tramo de encontro no que seguimos perdoando. Anulóusenos un gol de Julián e, como xa lle pasou ós xuvenís no día anterior, empatábannos ó final logo de un córner no que mostramos moita relaxación. Afrontamos agora o último tramo de temporada con escasas opción de meternos na fase de ascenso a primeira autonómica aínda que o intentaremos mentres haxa opcións. O vindeiro partido enfrontámonos ó líder Cruces e intentaremos dar a sorpresa novamente xa que foi con nós con quen perderon os únicos puntos da temporada.