Novedades Prebenxamin B

XORNADA 16 21-02-2016
Click para ampliar

CRÓNICA DO PARTIDO

Partido complicado o de este domingo coa visita do líder Bertamirans a Cepelo. Nos minutos anteriores ao comezo do encontro intentouse convencer os rapaces que podían competir contra eles e dar a sorpresa,aínda sabendo a dificultade que entrañaba o encontro. Nestas idades é necesario crear expectativas altas e afrontar o encontro con mentalidade positiva e sen ter medo a xogar contra ningún rival, xogar con atrevemento ,sen medo a cometer errores e gozando do xogo.
Os primeiros minutos saímos como non deberíamos ter saído, con moito respecto ao rival e moi estáticos observando o que eles eran capaces de facer e permitíndolle facer o que eles querían co balón. De ese modo puxémonos nos primeiros minutos cun 0-2 en contra. A partir do 0-2 empezamos a ser o equipo que nos caracteriza, un equipo loitador , que non da un balón por perdido e cando tiñamos o balón superábamos ó rival mais por empuxe e forza que por combinacións entre os rapaces. O Bertamiráns seguía acosando tamén a portería defendida polo Negreira en contraataques perigosos que estaban sendo ben defendidos pola boa colocación e intelixencia de Brais, axudado polo resto de equipo. E falando de intelixencia no fútbol o máis importante é o que menos se utiliza é a cabeza, o ser máis listo e ter visión de xogo, ver a xogada un segundo antes que o rival marca as diferenzas,e é moi complicado para os rapaces debido que xogan moi acelerados e sen esa pausa a veces tan necesaria, que co paso dos anos irán asimilando. Fómonos o descanso cun 4-1 e cuns primeiros minutos malos e que a partir do 0-2 foron totalmente diferentes e empezaron a competir.
Na segunda parte , o equipo mostrou o súa cara boa, e estiveron a unha gran altura, acosando o Bertamirans, provocándolle o error e roubando moitos balóns que logo non eramos quen de darlle continuidade en ataque , moito debido a esa aceleración e querer chegar rápido a portería contraria. Nesta segunda parte volveuse ver a versión boa de Jose Fabián, moi atento e concentrado todo o partido, e facendo boas intervención. O final do encontro foi un 1-6.
Para a semana, partido contra o Negreira, partido que ten que ser unha festa como foi na primeira volta, e na que os rapaces teñen que saír a gozar e pasalo ben, na que o gañador vai ser o fútbol base do Negreira e todos os rapaces que están crecendo a pasos axigantados, xa non solo falando a nivel futbolístico se non en canto a comportamentos e valores que desde un principio lle demos tanta importancia.