Novedades Xuvenil

XORNADA 22 13-02-2016
Click para ampliar

CRÓNICA DO PARTIDO

Partido que se nos escapou nos últimos minutos, que deixa un empate que nos sabe a moi pouco.
Un encontro entre dous conxuntos que están inmersos no fondo da clasificación e que unha vitoria daría ás para aspirar a saír de esa situación.
Comezouse cos primeiros minutos de tanteo nos dous equipos, co factor meterelóxico tamén condicionante na tarde do sábado e no que un Abanqueiro que tiña certas baixas e que viña de gañar no seu último partido, esperounos no seu campo, esperando roubar e transitar o máis rápido posible cos seus homes de arriba. Tiñámolo xa previsto e traballado durante o longo da semana, polo que pouco a pouco fomos levando o partido o noso terreo. Sacando algún córner por parte de Abanqueiro, as situacións máis perigosas dispúxoas o Negreira, con Caamaño, Anxo...pero chegouse ao descanso co marcador inicial.
Na segunda metade, seguiu o partido cos nosos xogadores moito máis metidos que na primeira e creando moito perigo, o partido decidiríase polo que non cometera erros e estivera acertado de cara a gol e foi onde empezamos golpeando primeiro, con goles de Vicente e Alvite que nos deixaba encarrilado o encontro finalizando xa case este; pero dúas accións case da nada nos condenaron ao empate,primeiro un balón longo que non atinamos a despexar e lle queda de cara ó seu extremo e despois unha xogada con polémica que nos colleu despistados despois dun córner, que sería a última acción do encontro, que sería a acción que nos deixaba cara de póker.
Toca seguir pelexando, e loitar pola permanencia ata que o árbitro pite o asubío final, que aínda quedan moitos minutos de xogo.