Novedades Prebenxamin A

XORNADA 16 20-02-2016
Click para ampliar


CRÓNICA DO PARTIDO

Como ven sendo habitual, ganamos en xogo pero perdemos no que se refire o marcador.
Os primeiros minutos foron de tenteo, con moitos saques de banda polos dous bandos, no que os dous equipos estaban moi ben colocados en defensa, tendo máis dificultades en ataque. Co paso do tempo esta tendencia trocaba, e os ataques comezaban a gañar presenza nas áreas rivais cos primeiros avisos os dous porteiros; na que Trazo cun dianteiro moi rápido logrou sorprender a Nico con contras que non soubemos parar.
Con todo, chegouse ao descanso e o rapaces lonxe de virse abaixo polo marcador seguiron xogando o balón apoiándose no compañeiro máis próximo (aspecto na que están evolucionando enormemente, e que xa levan un bo camiño gañado de cara ao futuro) e no que apareceron os goles en dúas ocasións de Marco e outra de Hugo Vázquez.
En xeral, marchamos satisfeitos do traballo feito polos rapaces, a pesares do marcador.